jueves, 24 de noviembre de 2016




Todo toxo garda unha historia baixo as súas espiñas


Todos temos unha historia que carece de folgos para ser contada.
Aló no máis profundo desa muller con carácter, ese toxo, que bota unha risada e bebe estrelas.
Detrás desa impulsividade ao falar, eses xestos.
Tra-los monólogos dunha noite calquera.
Tra-la pisa.

Atópase unha muller que non quere ser contada, a cara da lúa que non quere mostrar,
por mor de que os demáis fuxan ao ver os grandes cráteres incrustados na súa alma,
por mor de mostrarse espida, por mor de falar máis da conta cun silencio.

A ti che fago un chamamento, muller brava,
para que conquistes a túa cara oculta
e lla ensines aos demais.

A ti, muller con carácter,
que se agocha no pracer
dos sabores,
e do falar,
e non se decata de que está afogando.

A ti, muller valente,
busca a coraxe perdida
no máis profundo do teu ser.
Porque todos temos una historia,
e todos temos dereito a contala,
e a sufrila,
e a chorala,
e a desfrutala,
e a aprendela.

E só os que che ispan a alma cunha mirada, son quen de ser sabedores dela.

Porque non todos se decatan, que baixo as espiñas dun toxo, 
existe unha punzante historia,
que da como froito
as máis fermosas flores.  









No hay comentarios:

Publicar un comentario