jueves, 24 de noviembre de 2016




Todo toxo garda unha historia baixo as súas espiñas


Todos temos unha historia que carece de folgos para ser contada.
Aló no máis profundo desa muller con carácter, ese toxo, que bota unha risada e bebe estrelas.
Detrás desa impulsividade ao falar, eses xestos.
Tra-los monólogos dunha noite calquera.
Tra-la pisa.

Atópase unha muller que non quere ser contada, a cara da lúa que non quere mostrar,
por mor de que os demáis fuxan ao ver os grandes cráteres incrustados na súa alma,
por mor de mostrarse espida, por mor de falar máis da conta cun silencio.

A ti che fago un chamamento, muller brava,
para que conquistes a túa cara oculta
e lla ensines aos demais.

A ti, muller con carácter,
que se agocha no pracer
dos sabores,
e do falar,
e non se decata de que está afogando.

A ti, muller valente,
busca a coraxe perdida
no máis profundo do teu ser.
Porque todos temos una historia,
e todos temos dereito a contala,
e a sufrila,
e a chorala,
e a desfrutala,
e a aprendela.

E só os que che ispan a alma cunha mirada, son quen de ser sabedores dela.

Porque non todos se decatan, que baixo as espiñas dun toxo, 
existe unha punzante historia,
que da como froito
as máis fermosas flores.  









martes, 8 de noviembre de 2016



Sempre quedei comigo


+Chicadelapisa, para quen te pos tan guapa? Con quen quedastes hoxe?

-Sempre quedei comigo, sempre me puxen guapa para min.


Queda sempre contigo, ponte guapa sempre para ti.
Primeiro queda contigo, primeiro queda para ti.
Primeiro quérete, abrázate, ámate, apláudete.
Pimeiro valórate, primeiro síntete, explórate, introspecciona en TI.


Segundo... non hai segundo, non hai un logo, só hai agora, só hai primeiro, só hai un TI.

E se non te queres AGORA, cando o vas a facer?
E se non te valoras ti, quen o vai a facer?
E se non te amas, como vas a sentirte amada?

E se me quero hoxe, vivirei querida.
E se me valoro eu, nada impedirá o meu brilo.
E se me amo, entenderei o que é amar.

E se non me poño guapa para ninguén, póñome fermosa para min.

E se LOGO non lles gusto?
E se LOGO non me queren?
E se LOGO me din algo malo?
E se LOGO non lles gusta a miña idea?
E se LOGO non queren quedar comigo?

Créeme, o día que deixes de pensar nos LOGOS e penses nos AGORAS, e penses nos primeiros, e penses nos TIs... ese día empezarás a vivir para ti.

E si os demáis...?
Os demáis, están de máis. (PRIMEIRO, AGORA, TI...)











miércoles, 2 de noviembre de 2016