viernes, 21 de octubre de 2016



Ca vida, mamá, estoume rindo ca vida



E aquel día, sen agardalo, sen pensalo, sentino. Nunca antes probara sabor máis fermoso e alucinante. Nin sequera a pizza o superaba.

Sabía a satisfacción, a bágoas, a medos, á máis profunda escuridade. A rímel corrido, a rizos, a alcohol, moito alcohol, a vómito, a resaca de domingo, e de venres, e de semanas eternas.

Sabía a alma, a asfalto mollado observando o temporal no faro de Corrubedo, a amenceres na praia, ás fogueiras de san Xoán. A abrazos, ás follas que pisas no outono. Sabía a un libro novo, a zapatillas de goma, sabía ao mellor orgasmo, e á peor decepción. Sabía a mar bravo, a gracias, ás máis sinceras gracias... joder, sabía a felicidade!


Cando o saboreei pechei os ollos e deixei que as miñas emocións me invadiran: comecei a brincar, e a rir chorando, e a chorar rindo. Estremecinme, mireime no espello, abraceime, ameime, botei a gritar coma cando Marcos me facía cóxegas... e entón miña nai petou na porta dicindo:

-Antía, pero con quen te estas rindo?!

-Ca vida, mamá, estoume rindo ca vida. -e todo cobrou sentido.


Gracias, vida, encantada de coñecerte.







sábado, 8 de octubre de 2016


Que non saiban que os vampiros, foron persoas unha vez


O día pasaba tan lento
coma a sede de tres meses
sin foder.
Pero cando chegaba a escuridade da noite,
alumeaba a miña vida sen sentido.

Vamos, vístete!
Píntate coma a morta máis viva,
ponte o sorriso, agocha os cabeiros
para o momento de ataque.

Coma un vampiro sedento de alcohol,
que absorbe pescozos desamparados.
Necesito saciar as miñas gañas
de chorar,
necesito converter
os laios en orgasmos.

Cunha pirola dentro
o baleiro está máis cheo.
Vamos, métema!
Logo de pasarche o veleno,
daraste conta de que estou máis morta
que as flores do cemiterio
o día de todos os santos.

Vamos, vístete! Imos foder licántropos.

Agóchate, ponte a máscara,
que non saiban que os vampiros,
foron persoas unha vez...