lunes, 26 de septiembre de 2016

A miña historia empeza cando a nosa remata.


Para os incomprendidos, os que barallan, os que pensan demasiado, pero fuxen de pensar.
Para os que se refuxian na ebriedade.
Para os que flotan sobre o ruído, pero afogan no silencio da soidade.
Para os que non choran, os que non poden nin queren chorar.
Para os abrazos que son casa*.
Para os 7, porque sei o que se sinte.

Para as mulleres con curvas, as gordibuenas.
Para os homes que as aman.
Para as bravas, esas con carácter, esas que se despeinan e non paran de falar.
Para os amantes da pisa, e dos atardeceres, e da lúa, e das miradas, e da vida.
Para os que voan espertos.
Para os que choran, cando falan co mar.
Para as persoas, e para as persoas que se convertiron en xente.

Para os que gañan e aprenden, pero endexamais perden.

Para vos: esta é a miña historia, que comeza casualmente, cando a nosa remata, mais as casualidades non existen, todo pasa para algo...


*Isabel, papá, mamá, Lili, Gogo, Sara, Pauli, todos os Maneiro, e algún que outro Alberte.
Arturo, Nesi, Silvi, Vero, Laura, Adriana, Migui, Helen, e os que estades por chegar.

E por suposto, para a miña pisa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario